star
CULTURA
Diego Ameixeiras e Tomas Guerrero levan ao cómic unha fábula política
17/nov./23
Os suicidantes é a estrea de Diego Ameixeiras como guionista de banda deseñada. Con debuxos de Tomás Guerrero, o libro editado por Xerais presenta unha trama de novela negra que adopta a forma de distopía, mais tamén de fábula política sobre un mundo que cada vez lle vira máis as costas ás relacións humanas en aras de manter un sistema exclusivamente pendente do beneficio económico.
Contracultura
David Calviño, de 'Onda Vital!!': "A xente nada nos 70 e 90 ten unha pegada do anime que se comezou a emitir daquela na Galiza"
10/nov./23
David Calviño, xunto con Rubén Rial, é un dos fundadores da editorial Baixo Terra, que vén de publicar 'Onda Vital!!', un fanzine colectivo sobre o pouso que deixou o anime xaponés na Galiza. Calviño aborda tamén a próxima publicación da editorial: Croio Nº 0, que sairá a finais deste mes.
Contracultura
Teresa Moure: "Grazas ás persoas que coñeceron Zeca Afonso puiden acceder á súa fala e personalidade"
07/set./23
Teresa Moure presenta a súa primeira publicación como guionista de banda deseñada, 'Zeca Afonso. Balada do Desterro' (A Central Folque), unha obra ilustrada por Maria João Worm, que recolle de maneira íntima a biografía do cantor portugués.
CONTRACULTURA
Primitivo Marcos, ilustrador: “O atractivo de ilustrar O paso do Noroeste foi máis grande que a súa dificultade"
24/ago./23
O ilustrador Primitivo Marcos foi o encargado de pór imaxes á obra O paso do Noroeste, publicada por Xavier Queipo no ano 1996 e que agora edita Galaxia en forma de banda deseñada.
CONTRACULTURA
Paula Mayor, Premio Castelao de Banda Deseñada: "Había unha visión dunha Rosalía pesimista que contrastaba coas opinións das súas achegadas"
19/ago./23
Paula Mayor, ilustradora, foi recoñecida co Premio Castelao de Banda Deseñada, da Deputación da Coruña, pola súa obra 'Rosalía Oculta', na cal aborda en profundidade a versión máis humana da poeta.
CULTURA
David Rubín e Emma Ríos no Viñetas desde o Atlántico
09/ago./23
A mostra dedicada ao creador de El bueno de Cuttlas, a primeira homenaxe pública que recibe logo do seu falecemento, contará con 200 pezas orixinais da súa produción e un cento de obxectos de colección vinculados a súa obra.
star
CULTURA
O sector da banda deseñada salva Viñetas desde o Atlántico da crise
07/ago./23
Onte inaugurouse na Coruña Viñetas desde o Atlántico, unha edición que moitas persoas viron ameazada despois da dimisión de Miguelanxo Prado, que dirixiu o encontro durante os seus 25 anos de vida, no pasado mes de marzo. A convocatoria de eleccións municipais non facilitaba a continuidade, mais un esforzo conxunto do Concello e do sector logrou que o festival manteña a presenza na cidade.
star
Entrevistas
Julia Lago. O impulso á cultura alternativa
04/ago./23
Julia Lago é un bulebule de riso contaxioso. Gañou o Premio Castelao de BD do ano 2021 coa obra Nós seis na que conta a infancia da súa avoa nun internado relixioso e mira desde a feminidade e a sororidade os tempos opresivos e escuros da ditadura. É unha persoa activa e vital que compaxina o seu traballo na ilustración cunha galería de arte dedicada á obra gráfica, e aínda ten tempo de participar na organización de eventos como o Autobán, o festival de cómic autoeditado, que este ano terá lugar na Coruña o 11 e 12 de agosto.
CULTURA
Julia Lago e a súa banda deseñada centran o 'Sermos Galiza' desta fin de semana
04/ago./23
A malla e as embarcacións tradicionais tamén se analizan neste número do semanario.
CULTURA
Un ciclo de cinema de animación e unha audioficción en Viñetas desde o Atlántico
01/ago./23
O programa completo do 26º festival internacional da banda deseñada da Coruña inclúe, tamén, visitas guiadas, unha mesa redonda, obradoiros profesionais e infantís, un encontro sectorial e a tradicional Rúa da BD, con máis de 40 expositores de librarías e editoras de referencia do sector.
star
Análise
A creatividade da banda deseñada
01/ago./23
Mercedes Rozas é historiadora da arte, crítica e comisaria de exposicións.
CULTURA
'Gaspariño XXI' homenaxea o debuxante Xaquín Marín
30/xuño/23
A obra, publicada pola Deputación de Pontevedra, foi elaborada por lumnado da escola de cómic O Garaxe Hermético
CONTRACULTURA
Xulia Pisón e Óscar Losada: "Temos un caso único no mundo, en Hollywood xa sería unha película"
27/xuño/23
'Irene a porteira' é o título da banda deseñada escrita polo xornalista Óscar Losada e ilustrada pola deseñadora Xulia Pisón. Nela, abordan a historia de Irene González, a porteira e capitá do equipo masculino coruñés ao que deu nome na década de 1920: o Irene F. C.
star
CULTURA
A banda deseñada entra na Universidade
24/maio/23
A sala Manuel Moldes da Facultade de Belas Artes da Universidade de Vigo, en Pontevedra, acolle até o vindeiro 29 de xuño a exposición '9 narrativas gráficas e unha animación desesperada' comisariada por Kiko da Silva, mostra o traballo, no eido da banda deseñada, de antigos alumnos e alumnas do centro.
Contracultura
Melo: "O encontro Banda á feira é, con todo o bo sentido da palabra, un festival de barrio
13/maio/23
Melo é quen atende tras o mostrador en Banda deseñada, unha tenda especializada en cómics en Vigo, mais tamén é un dos organizadores da segunda edición do evento Banda á feira.
CONTRACULTURA
Eli García: "Cada vez hai máis protagonistas femininas nos cómics, sobre todo nos feitos por mulleres"
08/maio/23
Eli García publica o libro de banda deseñada O grande aviario.