CONTRACULTURA
José Malvárez: "O libro é unha crítica a esa necesidade que semella que existe de mostrar violencia"
17/abr./23
José Malvárez, autor e ilustrador, publica Incoloro: a profecía dos sangues (Xerais), unha banda deseñada dirixida ao público xuvenil e que se perfilou durante a súa formación na escola O Garaxe Hermético. Define esta obra como unha fantasía medieval con referencias e formas actuais que tamén ten a súa parte de crítica: “Hai tanta violencia que chega un momento que nos insensibilizamos, e está presente tanto na ficción como na vida real”.
star
Entrevistas
David Rubín: a banda deseñada como acto de amor
13/abr./23
David Rubín chega puntual á cita. Nunca pasa desapercibido e aínda menos no seu Ourense natal. Viste cun rigoroso negro, leva varios aneis de bo tamaño nas mans. Camiña a vida con botas de punta e un abrigo longo. Ben podería ser un personaxe dun filme de Sergio Leone. Pode ser o bo, o feo e o malo nunha soa persoa. Chega sorrindo e xa antes de entrar na libraría onde quedamos, ten que parar a asinar e posar para fotos. É autor de banda deseñada pero tamén estrela do rock, desborda actitude, seguridade, domina a escena, levanta paixóns e odios, mais por riba de todo, sabe manexar a súa sona. Conversamos con el sobre o éxito do seu último libro 'O Lume' (Demo Editorial).
star
CULTURA
O futuro de Viñetas desde o Atlántico, a debate
05/abr./23
A recente renuncia de Miguelanxo Prado a seguir dirixindo o festival Viñetas desde o Atlántico da Coruña abre unha serie de interrogantes sobre cal será o futuro do que, sen dúbida, foi o principal baluarte da banda deseñada galega nos últimos vinte e cinco anos. Cunhas eleccións municipais á vista, o porvir do festival está en suspenso. 'Nós Diario' conversa con algunhas das persoas ligadas ao xénero para buscar pistas sobre por onde debería evolucionar o encontro da novena arte.
CULTURA
Miguelanxo Prado, sobre Viñetas desde o Atlántico: "Con estas regras de xogo, o modelo non é viábel"
30/mar./23
O debuxante lamenta tomar a "dolorosa" decisión de renunciar á dirección do festival após 25 anos e afirma que "desperdicialo" sería "suicida". A alcaldesa, Inés Rei, defende que "se actualizará e modernizará".
CULTURA
Miguelanxo Prado renuncia á dirección de Viñetas desde o Atlántico após 25 anos
29/mar./23
O debuxante aclarará esta quinta feira en rolda de prensa os motivos da dimisión.
Reino da Galiza
García, o rei que abraiou Victor Hugo, chega á banda deseñada e o audiovisual
22/mar./23
Demo Editorial estrea esta cuarta feira o primeiro capítulo do documental 'García de Galiza. O fillo da traizón', tras levar á banda deseñada 'O reiciño da Galiza', da autoría do francés Victor Hugo.
Letras Galegas 2023
Fernández del Riego, "o home que valía por mil", chega á banda deseñada da man de Galaxia
14/mar./23
Pepe Carreiro e Antón Mascato son os autores desta obra.
CULTURA
Nace BDra Gráfica, Xornadas de Banda Deseñada de Pontevedra
03/mar./23
A primeira edición terá lugar do 17 ao 19 de marzo.
star
CULTURA
Nabiza Girl é agora protagonista dun cómic de aventuras
27/feb./23
Nabiza Girl, o personaxe teatral creado por Isabel Risco, é a protagonista do cómic 'As aventuras de Nabiza Girl, Operación Breogán', guionizado pola propia Risco xunto con Carlos Ares, e ilustrado polo deseñador Manel Cráneo. Esta banda deseñada, que vén de saír do prelo, narra a misión que debe levar a cabo a protagonista para atopar a espada de Breogán. Na trama, chea de rivalidade, aventuras, amor e acción, Nabiza Girl loita pola Galiza con humor e naturalidade.
CULTURA
A banda deseñada coa historia dos 9 miñoráns asasinados polo franquismo na Bombardeira, xa en papel
10/feb./23
A novela gráfica ‘As 9 cruces’ realizada polo Garaxe Hermético xa foi visualizada e descargada nas redes sociais máis de 31.000 veces.
star
Libros
Unha viaxe a bordo da sala NASA
06/feb./23
No formal é unha obra audaz, que amosa unha interesante capacidade para o encadre e un talento innato para a composición das páxinas, mais, por riba de calquera cousa é impresionante a mestría no uso das masas de negro, algo que non é doado e que Ron é quen de manexar cunha destreza sorprendente nunha primeira obra.
CULTURA
Rosalía de Castro, a Catedral de Santiago e o Celta de Vigo nos cómics de 'Batman'? Eis as probas
28/xan./23
A coñecida franquía de banda deseñada que foi levada ao cinema é moi coñecida en todo o mundo e o famoso súper heroe, o "home morcego", é un dos máis recoñecidos da historia do xénero.
Contracultura
Ánxel Carramal: "En 'O Caderno de rama' quería representar os grandes esquecidos das guerras: as crianzas"
28/xan./23
Ánxel Carramal, psicólogo e artista, foi galardoado co IV Premio de Banda Deseñada O Garaxe Hermético pola súa obra 'O caderno de rama'. Carramal relata as dificultades de construír unha historia protagonizada por un neno sen nome que recorre á súa creatividade para esquecer a guerra que acontece ao seu arredor xa que, como el di, “tampouco quería que por estar dirixida a crianzas se perdese o sentido da mensaxe”.
star
Libros
O lume nunca se apaga
06/xan./23
Rubín abre as carnes, saca das vísceras un guión que fala de destrución e de inxustiza, de poder e culpa, do mundo cada día máis turbo-capitalista e ultra-clasista que nos trouxo este demo da dixitalización, as megacorporacións e os macrodatos
'O caderno de rama' representa a arte como vía de escape
O pontevedrés Ánxel Carramal gaña o Premio de Banda Deseñada O Garaxe Hermético
23/dec./22
O caderno de rama do artista Ánxel Carramal gañou onte o IV Premio de Banda Deseñada O Garaxe Hermético, un recoñecemento que convocan anualmente a editorial Xerais e a escola profesional de banda deseñada que dá nome ao certame.
Contracultura
Xulia Pisón: “En 'The Drop' non hai texto porque nos soños tampouco adoita haber unha narrativa clara”
19/dec./22
Xulia Pisón, ilustradora, vén de publicar The Drop, o primeiro cómic galego que precisa de gafas 3D para lelo. Pisón relata o proceso que a levou a crear esta historia que atravesa soños e dimensións, así como das posibilidades dos cómics mudos porque, como di ela, “para cada quen é un mundo distinto”.
Contracultura
David Rubín: "En 'Cosmic detective' mestúrase o xénero negro e policial dos 40 cunha ciencia ficción cósmica"
23/nov./22
David Rubín, ilustrador, pon as mans que están detrás das viñetas de 'Cosmic detective', unha banda deseñada guionizada por Jeff Lemire e Matt Kindt. Rubín aborda o proceso de creación e de publicación dunha historia que, como el di, "mestura o xénero negro, policial, e as historias de detectives dos anos corenta, cunha ciencia ficción cósmica bastante tola".
star
Banda deseñada
"Non hai revolución sen cancións"
28/out./22
Esta é a segunda entrega en banda deseñada do universo Black is Beltza, o proxecto transmedia impulsado por Fermín Muguruza.