Reino Unido, Alemaña, Francia, Italia e o Estado español foron os países que máis desperdiciaron este fármaco ao ser a súa prescrición e consumo moito menores do esperado. Até 3,1 millóns de doses caducarán a finais de febreiro.
O aumento dos contaxios por coronavirus na recta final do verán ocupa titulares e conversas, mais este incremento das infeccións non se está a trasladar aos hospitais. Isto é unha "boa noticia", advirten os expertos, que chaman a escapar do ruído e a extremar a protección dos "grandes inmunodeprimidos", os máis vulnerábeis ante a Covid.
Tedros Adhanom Ghebreyesus chama a "aprender as leccións" da Covid-19 e a garantir unha sanidade "sólida", nomeadamente na Atención Primaria: "Podemos facer que o mundo sexa máis seguro".
Tedros resaltou que saber a orixe do virus é "científica e moralmente correcto, primeiramente para previr a próxima pandemia e en segundo lugar para saber como perdemos aos nosos seres queridos".
Álvaro Mena, médico internista da Unidade de Enfermidades Infecciosas do CHUAC, foi o escollido pola Sociedade Galega de Medicina Interna para iniciar un percorrido pola especialidade e actualizar coñecementos en materia de VIH, insuficiencia cardíaca, doenzas autoinmunes, EPOC ou Covid, obxecto da primeira sesión.
Hans Henri Kluge insta os países europeos e asiáticos a "redobrar" os esforzos para evitar un novo descontrol do coronavirus: "Isto significa investir e salvagardar o persoal sanitario, cuxa precaria situación en moitos lugares podería socavar a prestación eficaz dos servizos de saúde".
Durante unha sesión informativa, Tedros Adhanom Ghebreyesus expresou que, tras entrar ao cuarto ano da pandemia, o mundo presenta unha situación moito mellor respecto aos anteriores “debido á xestión da atención clínica, as vacinas e os tratamentos”.
A Consellaría de Sanidade notificou onte seis novas mortes relacionadas coa Covid na Galiza, rexistradas entre o día 30 decembro e o 1 de xaneiro. Desde o inicio da pandemia son xa 4.021 o número de persoas falecidas con coronavirus SARS-CoV-2.
O Servizo Galego de Saúde (Sergas) notificou este sábado un descenso de infeccións activas até as 1.885 (33 menos),así como de novos contaxios, 126 (34 menos que a xornada anterior).