Aragonès lembrou que o acordo entre ERC e o PSOE para a investidura de Sánchez inclúe abrir "unha nova fase do proceso de negociación para escoitar as propostas de futuro de Catalunya e a relación con España".
A Cámara Baixa española deu finalmente o seu visto e prace ao proxecto de lei de amnistía, que ten que volver ao Hemiciclo para ser ratificado tras pasar polo Senado, nunha xornada en clave electoral polo adianto dos comicios lexislativos cataláns.
O rexeitamento da proposta de orzamento que o Goberno catalán pactou co PSC-PSOE desembocou no adianto dos comicios previstos para o vindeiro ano, no medio do choque entre as dúas principais forzas nacionalistas catalás, ERC e Junts, e da tramitación parlamentaria da amnistía no lexislativo español.
A vicepresidenta primeira e ministra de Facenda, María Jesús Montero, recoñeceu previamente en declaracións aos medios que os comicios cataláns para o 12 de maio poderían "alterar" as negociacións con Junts e ERC.
Un día antes da data fixada no Congreso para que a Comisión de Xustiza emita un ditame sobre a lei de amnistía chegou o acordo tripartito para que a norma avance na súa tramitación parlamentaria, despois da mudanza da posición do PSOE, que acabou por aceptar modificacións.
Os resultados do BNG nas eleccións galegas deste 18-F súmanse ao crecemento constante nos comicios estatais e municipais, e sitúan a formación de Ana Pontón como a segunda de entre todas as forzas nacionalistas do Estado con máis apoios, só superada polo PNV, e a primeira entre as consideradas de esquerda.