Catalunya tomará unha medida inédita e porá fin ao alugueiro de tempada para frear a alza de prezos da vivenda

A norma pretende evitar a fraude co fin de "burlar" a lei.
O presidente de Catalunya, Pere Aragonès (ERC), a cuarta feira. (Foto: David Zorrakino / Europa Press)
photo_camera O presidente de Catalunya, Pere Aragonès (ERC), a cuarta feira. (Foto: David Zorrakino / Europa Press)

As leis para “frear a escalada de prezos do alugueiro teñen puntos de fuga, e polo tanto temos que taponalos”, subliñou a quinta feira o presidente catalán e candidato de Esquerra Republicana de Catalunya (ERC) nos comicios territoriais do 12 de maio, Pere Aragonès, ao confirmar que regularán “moi, moi pronto” os alugueiros de tempada.

Este modelo de alugueiro, que en Barcelona supón 30% da oferta de alugueiro, é utilizado con frecuencia en áreas turísticas para manter a ocupación das vivendas nos meses con menos actividade do turismo e, en teoría, está orientado a persoas que residen temporalmente nun lugar, polo que non se rexen polo índice de prezos instaurado a nivel estatal.

A conselleira catalá de Territorio, Ester Capella, incidira con anterioridade na súa intención de evitar o uso “fraudulento” destes alugueiros e que se “burle” a lexislación.

O portal ElNacional.cat sinalou que se prevé que o decreto-lei que o regulará sexa publicado a vindeira semana e “excluirá practicamente todo o que se considera alugueiro de tempada actualmente”.

Comentarios