POLÍTICA
A Xunta achegou á sanidade privada perto de 226 millóns de euros en 2022
06/maio/24
O Consello de Contas cifrou -nun dos cinco informes de fiscalización remitidos esta segunda feira ao Parlamento galego- as achegas da Xunta da Galiza á sanidade privada en perto de 226 millóns de euros en 2022, último ano con datos. As cifras representan un incremento de 2% en relación co anterior exercicio e certifican a relevancia dos orzamentos públicos como unha das principais vías de financiamento dos centros sanitarios privados.
POLÍTICA
Contas reitera o aumento de demoras do Sergas e ve necesario un sistema de financiamento con orzamentos "realistas"
06/maio/24
Así se desprende do Informe de Fiscalización do Sergas publicado esta segunda feira por Contas, que entre as súas conclusións recolle que tanto en comparativa interanual, excepto en cirurxía, como co ano base 2019 (antes da pandemia), incrementáronse os tempos de demora do Sergas.
Parlamento
O PSdeG demanda unha auditoría dos contratos da Xunta na pandemia
05/abr./24
Igrexas sinala "irregularidades e deficiencias" detectadas por Contas.
POLÍTICA
O 40% das entidades do sector público galego agocha ao Consello de Contas os seus contratos
22/mar./24
Un total de 36 entidades e organismos dependentes da Xunta da Galiza non presentaron ao Consello de Contas información sobre os contratos formalizados nos exercicios de 2021 e 2022. A decisión destes entes do sector público galego impide ao organismo fiscalizador desenvolver o seu labor de control das contas.
POLÍTICA
A Xunta, no albo de Contas: que une os contratos de emerxencia e a 'trama' da parella de Ayuso?
21/mar./24
Mape Asesores, a empresa máis beneficiada polas adxudicacións 'a dedo' da Xunta de Feixoo en 2020, compraría material sanitario á catalá FCS nunha operación pola que Alberto González Amador cobraría case 2 millóns de euros en comisións.
POLÍTICA
Contas apunta polos contratos de emerxencia da Covid de 2021 a Konecta, grupo do que era directivo un irmán da parella de Feixoo
21/mar./24
O Consello de Contas volve pór no foco os contratos da Xunta da Galiza para a adquisición de material e servizos sanitarios durante a pandemia. Neste caso, nun informe presentando esta cuarta feira, apunta ao grupo Konecta, sinalado por 'Nós Diario' en 2020 polas súas vinculacións co círculo familiar de Feixoo.
POLÍTICA
A Xunta de Feixoo adxudicou 'a dedo' case 900.000 euros a medios de comunicación con contratos de emerxencia durante a pandemia
20/mar./24
Contas alerta de "diversas incidencias" nas adxudicacións do Goberno galego pola vía de emerxencia nos exercicios 2020 e 2021.
ECONOMÍA
Os contratos dos entes locais na Covid, no albo de Contas: "Aprécianse importantes deficiencias na tramitación"
11/mar./24
O Consello analiza as adxudicacións na pandemia. Só no 20% dos expedientes de contratación convidáronse outras empresas alén da adxudicataria.
POLÍTICA
O PSOE libérase da presión sobre a aprobación das contas: "Non hai ningún drama en traballar coa prórroga orzamentaria"
08/mar./24
O ministro español de Transportes, o socialista Óscar Puente, afirmou esta sexta feira que sacar adiante os Orzamentos Xerais do Estado (OXE) de 2024 non é "unha cuestión perentoria".
Consello da Xunta
Rueda ignora as denuncias de Contas na compra de máscaras e defende a súa amizade co dirixente do organismo
07/mar./24
O presidente defende que "xamais se puxo en dúbida a súa independencia" pola amizade persoal que mantén co conselleiro maior do Consello de Contas, Juan Carlos Aladro.
Xustiza
A Audiencia Nacional propón xulgar o ex presidente do Banco Popular por estafa na ampliación de capital do ano 2016
04/mar./24
Respecto á posíbel responsabilidade civil do Banco Santander, o xuíz explica que a parte dispositiva do auto non fai mención a esta posibilidade e que, tal e como suxeriu a Sala do Penal, será no momento de ditar o auto de apertura de xuízo oral cando se aborde esta cuestión.
POLÍTICA
Rueda reduce a "unha opinión" a alerta de Contas tras detectar contratos irregulares en entes da Xunta
11/xan./24
"Veremos o que di o informe e faremos as alegacións correspondentes, como tantas veces. E se logo hai algo que corrixir, non hai ningún problema", defendeu.
POLÍTICA
Contas alerta de contratos irregulares en entes que dependen da Xunta
10/xan./24
Aumenta a contía para contratos menores.
POLÍTICA
Contas reprende a Xunta polas 'peaxes en sombra' das autovías: "Non foi eficiente"
26/out./23
Un informe do Consello apunta que se poderían alcanzar "resultados equivalentes a un menor custo" na construción e explotación de autovías perante concesión por parte da Xunta da Galiza na modalidade de 'peaxe en sombra' e canon de dispoñibilidade.
SOCIAL
Unha auditoría de Contas revela que a ciberseguridade na Deputación de Ourense é "insuficiente"
07/set./23
Un informe de fiscalización dos controis básicos de ciberseguridade relativo ao exercicio 2022 sinala que o índice de madurez xeral dos controis da Deputación ourensá "é insuficiente" e que "debe mellorar".
Parlamento
Juan Carlos Aladro, novo conselleiro maior de Contas por unanimidade
28/xul./23
A elección de Aladro, que se produce tras a proposta do grupo popular, contou co apoio dos 75 deputados e deputadas da Cámara.
POLÍTICA
Contas reúnese esta semana con representantes de entidades locais menores para elaborar un informe de fiscalización
18/xul./23
As entidades locais menores, conforme ao disposto no artigo 153 da lei de administración local da Galiza, configúranse como núcleos de poboación separados xeograficamente do que ten a condición de capitalidade do Concello, con características peculiares propias e que se constitúen para a xestión descentralizada dos seus intereses peculiares.
star
Análise
Os concellos ante o Consello de Contas
20/maio/23
Aleixo Vilas é economista e profesor da especialidade de Formación e Orientación Laboral.