Carmela Silva sobre o uso do PP do Castelo de Soutomaior: "É caciquismo"

Tras confirmarse que, efectivamente o agora líder do PP estatal, Alberto Núñez Feixoo, volverá ao castelo para arrincar un curso atípico e co seu debate de investidura no foco político, Silva criticou a decisión dos populares e advertiu que "usalo así vai contra a ordenanza".
A ex presidenta en función da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva. (Foto: Gustavo de la Paz / Europa Press)
photo_camera A ex presidenta en función da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva. (Foto: Gustavo de la Paz / Europa Press)

A socialista Carmela Silva, ex presidenta da Deputación de Pontevedra, afeou ao PP que vaia a utilizar o Castelo de Soutomaior (comarca de Vigo) para o seu acto de arranque do curso político o vindeiro domingo 27 de agosto.

Farano sete anos despois de ser 'expulsados' do castelo tras perder a institución provincial, da que depende o mesmo, e que estivo dirixida por PSdeG e BNG até a substitución propiciada pola cita coas urnas do 28-M.

Agora, con Luís López ‘Lugués’, tamén presidente do PP provincial, á fronte da Deputación pontevedresa, Feixoo será o protagonista dun acto que se celebrou por primeira vez nesta localización no ano 2007. Durante os anos do pontevedrés Mariano Raxoi como líder do partido consolidouse como unha tradición popular.

Tras confirmarse que, efectivamente o agora líder do PP estatal, Alberto Núñez Feixoo, volverá ao castelo para arrincar un curso atípico e co seu debate de investidura no foco político, Silva criticou a decisión dos populares e advertiu que "usalo así vai contra a ordenanza".

"Caciquismo"

"Cando dirixes unha Administración xestionas o patrimonio da cidadanía. Non o teu patrimonio. Usar ese patrimonio como propio é caciquismo. É sentirte propietario do que pertence aos veciños", aseverou Silva.

"O Castelo de Soutomaior non é propiedade do PP. Usalo así vai contra a ordenanza", resolveu.

Comentarios