eleccións municipais

ForzACoruña: lema de campaña do BNG na cidade herculina

“A Coruña é unha cidade con grande orgullo de si propia e enormes potencialidades. O que cómpre é poñelas en valor e mobilizalas para gañarmos o futuro”, di o candidato do BNG á Alcaldía, Francisco Jorquera.
Avia Veira, Francisco Jorquera, Mercedes Queixas e David Soto. (Foto: Nós Diario)
photo_camera Avia Veira, Francisco Jorquera, Mercedes Queixas e David Soto. (Foto: Nós Diario)

ForzACoruña vai ser o lema co que concorra o Bloque Nacionalista Galego (BNG) na campaña das eleccións municipais da Coruña. Así o anunciou esta sexta feira o candidato á Alcaldía da Coruña, Francisco Jorquera, nunha comparecencia de prensa na que estivo acompañado por David Soto, Mercedes Queixas e Avia Veira, números 4, 3 e 2 da lista do BNG, respectivamente.

Así, aínda que días atrás o BNG presentou lemas xenéricos para o conxunto do país (“A Coruña merece máis”, neste caso), a formación nacionalista da Coruña vai ter un lema propio.

“A forza da cidade”

“A Coruña é unha cidade con grande orgullo de si propia e enormes potencialidades. O que cómpre é poñelas en valor e mobilizalas para gañarmos o futuro”, di o candidato do Bloque á Alcaldía, Francisco Jorquera.

O lema apela “á forza que ten esta cidade”. “Forza e enerxía porque A Coruña é unha cidade con grande orgullo de si propia e enormes potencialidades. O que cómpre é poñelas en valor e mobilizalas para gañarmos o futuro”, dixo o candidato á Alcaldía.

“Fronte ao continuismo que ofrece o PP e o retorno ao pasado que representa o PP, o BNG é a forza que asegura un cambio de rumbo para impulsar A Coruña”, recapitulou Jorquera.

Sesións vermú e nova web

O BNG anunciou tamén esta sexta feira un novo formato de encontros coa veciñanza. “Imos estrear un formato novo, o das Sesións Vermú co BNG, que entronca moi ben co que É o espírito da nosa cidade. Unha cidade que fai da rúa a casa común das coruñesas e dos coruñeses”, dixo David Soto, número 4 da nosa candidatura.

Ademais, os nacionalistas da Coruña anunciaron nova páxina web para recoller os contidos da súa candidatura ás eleccións municipais do 28 de maio. “Presentámosvos jorquera2023.gal, unha páxina do candidato á Alcaldía, mais sobre todo unha páxina da equipa que está chamada a gobernar esta cidade a partir do 28 de maio”, dixo Avia Veira.

Comentarios