Novas axudas para estancias en residencias literarias fóra da Galiza
A Xunta da Galiza destina un orzamento de 20.000 euros a escritoras e escritores que queiran fomentar a difusión das letras galegas fóra da Galiza cos seus proxectos, así como impulsar a cooperación con organismos e centros culturais. As persoas creadoras que necesiten traducir as súas obras, que necesiten desprazarse para un proceso de investigación previo ou que necesiten un espazo e ambiente de traballo concreto para continuar cun proxecto xa iniciado poden solicitar unha axuda de 5.000 euros até o 15 de xullo, que poderán destinar a cubrir os gastos de viaxe, de transporte internos, de aloxamento e manutención, así como de subscrición a unha póliza de seguro de viaxe e outra médica. É a segunda convocatoria no marco do Plan Xeración Cultura.
Roberto Casal (A Fedora): "Imos ter un espazo en Redondela para abrilo á xente que aposta pola creación cultural"
Neoliberalismo e cultura? Após unha lectura de Mark Fisher
Agustín Agra faise co XXVI Certame de Narración Curta Ánxel Fole
Agustín Agra vén de facerse co XXVI Certame de Narración Curta Ánxel Fole coa obra O livro das contrarias. O xurado -composto pola poeta Mariña Pérez Rei, o escritor Fabio Rivas Pardo, e a escritora María Reimóndez- destacou que se trata dunha "obra de actualidade e ambiente cosmopolita que dialoga cunha ausencia, poñendo en dúbida os límites da memoria. A voz da narradora navega entre a linguaxe da fotografía, o xénero epistolar e a presenza icónica do mundo natural. Estes fíos tecidos constrúen unha obra de aparencia intimista, pero que revela puntos de conexión con temas tanto ambientais como de recuperación das voces e olladas das mulleres no ámbito científico a través dunha sensitiva voz narradora.
Enreguéifate dá a coñecer os premios da súa sétima edición
Corenta e cinco propostas presentadas para a nova edición das Residencias Artísticas Mariñán
"Somos Cultura", a campaña de promoción das industrias culturais que difunde a riqueza de Compostela
Santiago(é)tapas fecha a XV edición este domingo con centos de premios
A vota de Castelao á Galiza vista a través do obxectivo de Xan Carballa
O Museo de Pontevedra abre o programa expositivo deste 2024 coa mostra Castelao: o retorno a Galicia, 1984. Xan Carballa, fotografías. A exposición, que conmemora o 40º aniversario da chegada á Galiza dos restos mortais de Castelao, artéllase arredor da crónica fotográfica do 24 de xuño de 1984 realizada polo fotógrafo e xornalista Xan Carballa. As imaxes relaciónanse co canon imperante do novo fotoxornalismo que se implantou con aires de liberdade nos xornais e semanarios desde o fin da ditadura franquista. Incorpora tamén obra artística de Castelao, fotografías, documentación e prensa da época para contextualizar os anos do seu exilio. Castelao: o retorno a Galicia, 1984 estará patente desde o 7 de marzo, no Edificio Castelao, até o 2 de xuño.