Festigal 2018: Sés, Rebelion do Inframundo e A banda da Balbina
Sonia Lebedynski, Os Viqueiras de Ordes, The Lelli Kelly’s, DJ Bambooh completan o cartel do festival, que mantén o nome de Valtonyc en solidariedade co rapeiro exiliado.
Sonia Lebedynski, Os Viqueiras de Ordes, The Lelli Kelly’s, DJ Bambooh completan o cartel do festival, que mantén o nome de Valtonyc en solidariedade co rapeiro exiliado.
O Sindicato Unificado de Policía insta a Delegación do Goberno e o concello de Santiago a que tomen as medidas precisas para impedir a celebración do concerto programado o 24 de xullo dentro do Festigal 2018.
O músico mallorquí condenado a tres anos e medio de prisión polas súas cancións foi convidado a actuar en Compostela no vindeiro mes de xullo
Este festival da Ulloa, que xa se fixo moi popular nos seus poucos anos de existencia, modifica a súa denominación para recoñecer, tamén de nome, todas as diversidades afectivas e de identidade.
O ‘trikitilari’ vasco será un dos cabezas de cartel dun Festigal (24 e 25 de xullo, campus sul da USC, Compostela) no que tamén estarán Poetarras, Arrhythmia, Aldaolado, Fanfarria Taquikardia, Fran Amil e moitos máis. Junkera presentará o seu último disco, ‘Maletak’, xunto coas pandereteiras Sorginak.
É unha das citas ineludíbeis do verán galego. O Festigal 2016, o grande festival arredor do Día da Patria Galega, vén cheo de propostas irresistíbeis.
O Festigal 2016 apresentou esta mañá as actividades e grupos que estarán presentes na súa décima quinta edición. O festival desenrolarase durante a noite do 24 de xullo no Campus Sur de Santiago de Compostela, coincidindo co Día da Patria.
"Queremos poñer en marcha esta ferramenta de difusión para descubrir novos talentos que fagan música e letras en galego", sinalan.
Era o primeira edición despois de ter gañado o Premio Galego da Música como mellor festival e conseguiu revalidar o suceso. Mais Festigal é moito máis que un programa de concertos ao vivo, é escaparate de cultura, é lugar de encontro, é galería de organizacións e moitas máis cousas, nunha carballeira que rebenta de entusiasmo e festa arredor do 25X.
Son cen actividades, milleiros de asistentes e dous días de festa continuada. O Festigal move moita enerxía e precisa tamén mans que colaboren. Desde a organización piden colaboración para formar parte do voluntariado.
Ruxe Ruxe, Sokram, Familia Caamagno, Superoito, Caxade, Carapaus, Habelas Hainas, Maianas, O Mago Antón e Ibuprofeno teatro actuarán no Festigal 2015 que terá lugar os días 24 e 25 en Compostela, no marco do Día da Patria.
O Festigal, A Cada Canto, Ataque Escampe ou Nao son algunhas das propostas gañadoras dos Premios Martín Códax da Música que, na súa segunda edición, foron desvelados na festa de entrega que se desenvolveu esta cuarta feira no Pazo da Cultura de Pontevedra.
A comisión organizadora do Festigal presentou o cartaz e actividades que terán lugar os días 24 e 25 en Compostela con motivo do Día da Patria.
Sés, Nao, Festicultores, A Quenlla, Os da Ría, Habelas Hailas, Grampoder ou García MC son algunhas das propostas musicais do programa de máis de cen actividades do Festigal 2014.
A organización tomou a decisión de suspender os concertos musicais do Festigal, a consecuencia do gravísimo sinistro producido en Santiago. Candidatura do Povo suspendeu tamén o seu Festival na capital de Galiza
Desde o último número do Sermos Galiza -o 57, co especial AFONDO dedicado ao Día da Patria Galega- até a maior parte dos produtos que disponibilizamos na nosa loxa. Todo iso está ao alcance de todas e todos vós se vos achegardes ao noso stand no Festigal.
Nao, Sés, A Quenlla e Festicultores encabezan o cartel musical dunha edición que viste a camisola deportiva da Liga nacional de billarda e do fútbol gaélico. Imaxe capa: Xan Muras