Feixoo inicia o curso político no Castelo de Soutomaior nun acto ao que non asistiu Ayuso

No acto estiveron presentes numerosos 'baróns' territoriais e destacados cargos populares, entre eles os presidentes de Andalucía, Juanma Moreno; e de Castela e León, Alfonso Fernández Mañueco e o de Aragón, Jorge Azcón.
Feixoo intervén no acto de inicio de curso político no Castelo de Soutomaior (Foto: PP).
photo_camera Feixoo intervén no acto de inicio de curso político no Castelo de Soutomaior (Foto: PP).

O presidente do PP estatal, Alberto Núñez Feixoo, deu inicio ao curso político nun acto organizado no Castelo de Soutomaior (comarca de Vigo).

Un acto que non tiña lugar desde hai seis anos por non contaren os populares con autorización, mais por causa da volta destes á Presidencia da Deputación de Pontevedra, retoman este acto tradicional para o PP.

No acto estiveron presentes numerosos 'baróns' territoriais e destacados cargos populares, entre eles os presidentes de Andalucía, Juanma Moreno; e de Castela e León, Alfonso Fernández Mañueco e o de Aragón, Jorge Azcón.

Así mesmo, ao evento, ao que foi convidada a plana maior do partido, tamén acudiron a presidenta estremeña, María Guardiola; a balear, Marga Prohens e o murciano, Fernando López Miras. Tamén confirmou o líder do PP de Castela-A Mancha, Paco Núñez.

Deu inicio ao acto o presidente da Xunta da Galiza, Alfonso Rueda, que estivo acompañado polo ex presidente do Goberno español, Mariano Raxoi.

As ausencias

Con todo, houbo ausencia notábeis como a da presidenta da Comunidade de Madrid, Isabel Díaz Ayuso. Tampouco estiveron o presidente valenciano, Carlos Mazón; así como a cántabra María José Sáenz de Buruaga; e o líder do PP en Euskadi, Carlos Iturgaiz.

Será un inicio do novo curso atípico, co debate de investidura á vista (decorrerá os días 26 e 27 de setembro). Un escenario complexo no cal Feixoo non suma os apoios necesarios para converterse en presidente do Goberno español.

Comentarios